Aid Creando hip hop

domingo, 6 de junio de 2010

Aid- Sin ti


Por ti, trocou a miña vida por ti
Todo é distinto dende que estás aquí,
Casi lembro a primeira vez que te vin
E é curioso que co tempo confiaras en min.

Agora formas parte de min
É molesto se me esquezo cando te coñecin
Agora somos por fin inseparabeis e sin ti
Non sabería vivir, ti dime como vivir.

Sen poderme expresar, ti me ensinache a cantar
O son do teu alalar, ti me ensinaches o mar
E aprendín a rimar,
E aprendín a crear, e aprendín a amar.

Quixo o destino xogar
E eu deixeime levar
E quen o ía dicir que eu mesma ía cantar,
A miña a vida en papel, agora podo soñar.

Nunca aborrezo de ti
E adoezo eu si me separo de ti
Gústame ouvir o teu son,
podo sentir cada ton
Quero crear a ilusión de que ti estás ao carón, de min.
Cada suspiro é unha inspiración
E é o teu latexar que segue o beat de canción

Ti formas parte de min, eu formo parte de ti.
Ven aquí e faime soñar
Que en soños podo voar,
Está a maxia no ar
E as notas poden soar, e o vento pode zoar,
No soño eu podo contarte o que doito calar e

Non sei o que será de ti,
Pero eiqui te terei, siga ou non xunto a ti
Eu vivo con ilusión descoñecendo o con fin e
Escribo esta canción por si te esquees de min.

No hay comentarios:

Publicar un comentario